PROTECCIÓN

E agora preguntarédesvos... como nos podedes axudar?

Os nenos e nenas podedes protexernos das seguintes maneiras:


Fonte: Vecteezy.

  • Coidando o medio ambiente. Reciclando, reducindo a cantidade de plásticos que utilizades e apoiando o uso de enerxías limpas como a enerxía solar ou eólica podedes axudar no seu coidado.
  • Aprendendo máis sobre nós e compartindo todos eses coñecementos cos vosos familiares e amig@s para que podan entender a nosa gran importancia na natureza e saiban como poder axudar a garantir que poidamos seguir vivindo en liberdade nos nosos hábitats naturais.
  • Sen comprar produtos de marfil xa que estariades apoiando á caza furtiva.
  • Participando en campañas de conservación e protección dos elefantes africanos.


Comentarios