CARACTERÍSTICAS

Os elefantes africanos somos os animais terrestres máis grandes do mundo. É por iso polo que somos coñecidos como "os xigantes de África".

A nosa pel é grosa e engurrada. Somos coñecidos polas nosas grandes orellas; a nosa curvada trompa que empregamos para respirar, ulir, comer, beber, comunicarnos, defendernos, limparnos e protexer a nosa pel con barro do sol e dos insectos; e os nosos longos cabeiros que utilizamos para escavar a terra en busca de alimento e auga, defendernos e comunicarnos con outros elefantes.

Elefante africano. Fonte: Freeimages.

Somos unha especie moi importante para o ecosistema africano xa que axudamos a dispersar sementes das plantas que comemos por medio das nosas feces, contribuíndo a manter a gran biodiversidade de África. Ademais, somos todo un atractivo turístico en África. 

Coñeciádesnos?🐘👀


Comentarios