BENVID@S!🙋
Benvid@s ao blog dunha (case) mestra cun proxecto moi especial entre mans! 🙋 Son Sara Montero Fernandez, unha apaixonada da educación e dos proxectos innovadores. O blog que veño a presentar sobre o elefante africano enmárcase nun proxecto de fin de Grao sobre a influencia da introdución da resolución de problemas na aula de segundo de Educación Primaria no desenvolvemento do pensamento lóxico-matemático do alumnado que traballa a competencia STEAM a través dun enfoque interdisciplinar traballando así a importancia do respecto cara ao medio ambiente a través dos elefantes africanos. Por que os elefantes africanos?👀 Estes fascinantes animais teñen moito que ensinarnos. Ademais, son unha especie vulnerable debido á caza furtiva e a perda do seu hábitat natural. Ensinar aos nenos e nenas acerca deles pode axudar a concienciar sobre a importancia de protexelos e coidalos, a eles e ao medio. Estou moi emocionada de compartir este proxecto convosco e espero que xuntos podamos aprender...