CURIOSIDADES

Gustaríavos saber máis sobre os elefantes africanos? 

Aquí vos deixamos algunhas curiosidades sobre nós:

  1) Somos os animais terrestres máis grandes do mundo:

  • Medimos tres veces o que mide un neno ou nena de 7 anos.
  • Podemos chegar a pesar tanto como tres coches xuntos.
Elefante africano ao carón dun coche. Fonte: Freeimages. 

 

  2) Temos 5 dedos en cada pata dianteira e 3 en cada unha das traseiras.

Dedos dun elefante africano. Fonte: Flickr.
 

  3) As nosas grandes orellas nos axudan a arrefriarnos en climas cálidos.

  4) Temos moi boa memoria e podemos lembrar cousas durante moitos anos.

  5) Podemos vivir ata 70 anos.

  6) Podemos comer ata 136 kg de comida ao día. Iso é como comer 150 hamburguesas grandes!

  7) Podemos beber ata 300 litros de auga ao día. Imaxinades bebervos 50 cubos de auga nun só día?

 8) Diferenciámonos dos elefantes asiáticos polo gran tamaño das nosas orellas e os nosos longos cabeiros.


Comentarios