PERIGOS

⚠ ⚠ ⚠

Un dos maiores perigos aos que nos enfrontamos é o cambio climático xa que as épocas de seca afectan negativamente á subministración de auga e á dispoñibilidade de alimentos para poder vivir, obrigándonos a percorrer grandes distancias en busca de comida e auga para sobrevivir.

Elefantes africanos en manada na súa ruta migratoria. Fonte: Freeimages.

Ademais, no noso camiño por atopar novos lugares nos que poder vivir, a caza furtiva é unha gran ameaza para nós. Os cazadores vixían os nosos movementos sen descanso para obter os nosos cabeiros, moi valiosos no mercado negro, poñendo en risco a nosa supervivencia.

Elefante africano morto a causa da caza furtiva. Fonte: Freeimages.



Comentarios