HÁBITAT
Os elefantes africanos, como o noso nome indica, vivimos nun continente moi grande con moitos países chamado África.
Os lugares nos que vivimos coñécense como "hábitats naturais". Estes hábitats poden ser bosques, sabanas ou selvas. Ao ser animais tan grandes o que non nos pode faltar nestes espazos é moita auga, comida e espazo para vivir. Non vos esquezades de respectar os nosos espazos e o noso hábitat natural amiguiños!
👀 Sabedes cal é a diferenza entre o bosque, a sabana e a selva❓❓❓
- O bosque é un lugar con moitas árbores e plantas, pero pocos espazos abertos.
- A sabana é un lugar con algunhas árbores, pero moitos espazos abertos.
- A selva é un lugar con moitas árbores e plantas que recibe moita máis chuvia que o bosque ou a sabana.

Comentarios